Tuesday 14 de May de 2024

Seis usuarios da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Riveira restauran o barco situado na rotonda de Xarás


Usuarios da Unidade de Asistencia de Drogodependencias (UAD) de Riveira están a restaurar estes días o barco emprazado na rotonda de Xarás, principal porta de entrada á cidade de Santa Uxía dende a autovía de Barbanza.

Baixo a guía do mestre carpinteiro Manuel Casais, son seis os usuarios implicados nesta acción que, ao tempo que contribúe ao obxectivo fundamental da integración social dos pacientes implicados, serve así mesmo para recuperar e poñer en boas condicións este ben municipal.

Os traballos desenvolvidos inclúen a substitución da madeira podre por outra madeira tanto no casco como na ponte; o revestimento da cuberta con poliéster, a colocación dunhas novas caxoneiras e o pulido e pintado do barco.

Está previsto rematar este labor o venres ou o luns, sempre que a meteoroloxía acompañe.